Ver dunha maneira gráfica e resumida o uso do disco duro con filelight

Nesta entrada vouvos falar sobre o programa “Filelight”, un programa de KDE que amosa de maneira resumida o uso e distribución da información das nosas particións ou directorio dado.

Pode ser de utilidade a hora de tomar decisións de optimización do espazo en disco e é que nos permite ver onde están esos arquivos “unto” que se tratan daqueles arquivos de “fai anos…” e gardamos por si serían útiles, mais pasadolos anos nen os abrimos, nen nos acordamos deles, ou son versión desfasadas de software, quee podrían ser perfectamente borrables.

A páxina oficial da aplicación é: http://utils.kde.org/projects/filelight

Déixobos un video do seu funcionamento, que foi subido por outro usuario a youtube:

Video de exemplo de execución de Filelight

( Aconsello velo dende o segundo 9 )

Instalación.

Para a súa instalación hai que buscalo paquete “filelight” nos vosos repos favoritos, en Arch sería:

Instalación en Arch
sudo pacman -Syu filelight

Exemplo de uso.

No meu casou vou optimizalo espazo libre nun directorio de arquivos de audio:

Amosa o Filelight amosando o uso dun directorio música antes de realizar cambios nel.

Neste caso trátase dun directorio de backup, que prácticamente non o toco salvo que faga falta, polo que me compensa comprimir os seus directorios en .tar.xz.

Logo de eliminar directorios sobrantes, repetidos e comprimir os útiles, este foi o resultado:

Amosa unha torta do filelight, onde se ven directorios comprimidos en .tar.xz e se ve unha reducción de espazo no directorio.

Onde se pode observar que a “torta” xa non amosa esas ramificacións, posto que os directorios foron comprimidos coma ficheiros, reducíndose só a un directorio con 28 ficheiros .tar.xz.

Quedando cun peso total de 44,4 GiB.

Comentar para os que usen Gnome, existe o programa “baobab” que funciona de una manera similar.