Crear unha base de datos en MariaDB e un usuario

Crear a base de datos
Creando a base de datos:
CREATE DATABASE <nome_bd>;
Exemplo:
CREATE DATABASE facturas;
Seleccionala base de datos pra o seu uso:
USE <nome_bd>;
Exemplo:
USE facturas;
Crear o usuario
Crea o usuario no sistema de MariaDB:
CREATE USER '<usuario>'@'<localhost>' ;
Exemplo:
CREATE USER 'pepe'@'localhost';
Asignarlle un contrasinal ao usuario
Inda que o contrasinal se lle pode asignar en plano é mellor utilizar a función “password()” que fará un hash co contrasinal que será almacenado, así no caso de que alguén acceda a base de datos de usuarios, lle costará moito máis descifralo contrasinal.
Exemplo de cómo xera o hash:
> SELECT PASSWORD('larciño');
+-------------------------------------------+
| PASSWORD('larciño') |
+-------------------------------------------+
| *8BBB430D86BEDA665590A012760D666344549B29 |
+-------------------------------------------+
1 ROW IN SET (0.00 sec)
Engadirlle a contrasinal ao usuario:
SET PASSWORD FOR '<usuario>'@'<host>' = PASSWORD('<contraseña>');
Exemplo:
SET PASSWORD FOR 'pepe'@'localhost' = PASSWORD('larciño');
Garantirlle tódolos permisos ao usuario na base de datos
GRANT ALL PRIVILEGES ON <nome_da_bd_ou_*>.<nome_do_host_ou_*> TO '<usuario>'@'<host>';
Exemplo:
GRANT ALL PRIVILEGES ON facturas.localhost TO 'pepe'@'localhost';
Con isto xa teriamos creados a base de datos, un usuario e permitimos ao usuario que poida facer uso e manipulala base de datos.