Banana PI
Ola, benvido a unha serie de post nos que recollerei parte das miñas experenzas coa Banana Pi.
Unha praca base do tamaño da palma da man que trae integrados tódolos compoñentes precisos pra facela funcionar salvo a unidade de memoria e o cable de alimentación, eses vasnos ter que mercar a parte.
Ten un precio que ronda os 50€ con tarxeta de memoria boa e alimentador de 2 amperios, sube ata os 65€ ou 70€ aproximadamente, mais o aforro de enerxía fara que o amortices nun ano, se eres dos que deixan o torrent conectado todo o día.
A miña adquirinna en deal extreme, tardou como un mes e algo en chegarme, e non me enviaron o cable sata ( que pagara… ) polo que recomendo comprar unha soa cousa de cada vez, pra que non queden con elas polo camiño aprobeitando que veñen varias…
Características do seu hardware
- Tamaño: 9.2 cm X 6 cm
- Peso: 48 g
- Procesador: Allwinner A20, (ARM Cortex-A7 dual-core, 1GHz, Mali400MP2 GPU)
- Tarxeta gráfica: Mali400MP2
- RAM: 1GB DDR3 DRAM
- Almacenamento: Ranura SD, Ampliable con disco duro Sata de 2.5“ a 5V
- Saídas de video: HDMI, video composto, Extensible con un conector LVDS.
- Saídas de Audio: HDMI, 3.5mm stereo jack
- Entradas de Audio: Micrófono integrado en praca.
- Conectitividade de rede: Porto Ethernet a gigabit.
- Conectitividade de datos:
- 2 Portos USB 2.0
- 1 Porto USB OTG
- Entrada de enerxía: 1 Porto micro USB só para alimentación da praca, mínimo 2 amperios.
- Outras entradas: Expansor de 26 pins, conexión para cámara, conector para pantallas LVDS e pantallas táctiles.
- Entrada infra-vermellos : para poder usar un mando a distancia ou trasmitirlle datos.
Qué uso lle podes dar?
Pois esa é unha pregunta da que só ti podes dar resposta, pois a banana pi é un dispositivo que ofrece a liberdade de facer con él o que che pete, é un servidor, un centro multimedia, unha máquina recreativa, un firewall, un monitor de videovixilancia, unha nube, un NAS, en definitiva será o que tí queres que sexa e o será con un consumo eléctrico ínfimo, sen ruidos, e incluso se poden desactivar os leds ( Pero quen querría desactivar todos estos colorinchos? :-D ).