apt-spy atopa a fonte de repositorios debian máis rápida pra túa conexión
Paquete pra sistemas Debian, que permite a selección da fonte de repositorios máis rápida facendo unha búsqueda entre os espellos coñecidos de Debian.
As veces nos podemos atopar que as descargas dos paquetes ou actualizacións son algo lentas, ou que non chegan a usar tódolo ou a metade do noso xeneroso ancho de banda, apt-spy axúdache a atopar o servidor espello dos repos Debian que máis rápido che vaia.
Usando apt-spy
Actualizámola lista de mirros:
sudo apt-spy update
Unha vez actualizada a lista, procedemos a buscar a lista de mirrors pra nosa versión de Debian, neste caso jessie, ademáis lle indicamos que só queremos probar cos servidores que estén en Europa:
sudo apt-spy -a Europe -d jessie
Pra buscar os mirros por país, neste caso España:
sudo apt-spy -d jessie -s ES
Mais por experiencia soen ser máis rápidos os de outras zonas de Europa.
Unha vez remate, gardará os resultados no seguinte arquivo:
/etc/apt/apt-spy.sources.conf
Listo pra usalos cando fagamos un apt update, ou calquer outra cousa que requira dos mirrors.