Crear un usuario en Fedora 21
A diferencia de Debian, en Fedora non existe un script perl como o adduser, onde se execute e nos pregunten a cada paso as opcións de configuración dun usuario, no seu defecto se queremos crear un usuario persoalizado debermos especificalo con parámetros.
Pra comezar os usuarios en Fedora créanse con useradd, mais estos están bloqueados ata que se lles asigne un contrasinal con passwd.
Creando o usuario
Comezamos usando useradd cos seus parámetros pra definir ben ao usuario.
-c “Comentario sobre o noso usuario, normalmente sería nome e apelidos”
-d /ruta/a/home/do/usuario
-e <fecha_opcional_pra_deshabilitalo_usuario>
-f <número_días_duración_contrasinal>
-g <grupo_ou_número_do_grupo_ao_que_pertence_o_noso_usuario> ( se non se define, colle o nome de usuario, como nome de grupo)
-G <lista_de_grupos,> ( Un conxunto de nomes ou números de grupo separados por comas, que se agregarán ao usuario. )
-m ( Crea o directorio home do usuario se non existe )
-M ( Eme mayúscula, pra no crear o directorio home )
-N ( Non crea o grupo privado do usuario )
-p <contrasinal> ( O contrasinal codificado con crypt. )
-r ( pra crear unha conta do sistema con un UID inferior a 1000 )
-u <uid> ( Pra definir un UID de usuario superior a 999 )
useradd
# useradd -d </directorio/home/usuario> -m <nick_usuario>
passwd
Asignámoslle un contrasinal ao usuario pra activalo:
# passwd <nombre_usuario>
Con isto o noso novo usuario xa estaría listo e activo.