Crear unha partición en Banana PI con Fedora 21

Logo Fedora.

Se léchedes o meu anterior post acerca de cómo instalares Fedora 21 orixinal dende os mirrors de Fedora , sabredes que teño unha Banana PI cunha microSD de tipo 10 con 32 GiB de memoria, dos cales uso uns 2 GiB.

Agora que estou a crealo post pra agregar usuarios, me urxe ter xa unha partición decente pra albergala home, unha que sexa de 30 GiB, onde poder gardalos meus arquivos.

Creando a partición

Para creala uso parted:
# parted /dev/mmcblk0
Dentro de parted, usamolo comando “print free” que nos amosará o espazo libre da nosa partición:
(parted) print free
Modelo: SD SD32G (sd/mmc)
Disco /dev/mmcblk0: 32,1GB
Sector size (logical/physical): 512B/512B
Táboa de particións: msdos
Disk Flags: 

Número  Inicio  Fin     Tamaño  Tipo     Sistema de ficheiros  Modificadores
        32,3kB  1049kB  1016kB           Espazo libre
 1      1049kB  513MB   512MB   primary  ext3
 2      513MB   641MB   128MB   primary  linux-swap(v1)
 3      641MB   2041MB  1400MB  primary  ext4
        2041MB  32,1GB  30,1GB           Espazo libre

Creo que é bastante explícito e amosa como non aprobeito 30,1 GB de espazo libre.

Unha vez vemos onde comeza e termina o espazo libre procedemos ao particionado cunha partición extendida:
(parted) mkpart
Tipo de partición?  primary/primaria/extended/estendida? extended
Inicio? 2041                                                              
Fin? 32,1GB
Agora dentro da partición extendida, podemos creala partición lóxica que conterá a home:
(parted) mkpart
Tipo de partición?  logical/lóxica? logical                               
Tipo de sistema de ficheiros?  [ext2]? xfs                                
Inicio? 2042                                                              
Fin? 32,1GB
No inicio deixo 1 MB de diferenza pra unha mellor alineación da partición:
(parted) print free
Modelo: SD SD32G (sd/mmc)
Disco /dev/mmcblk0: 32,1GB
Sector size (logical/physical): 512B/512B
Táboa de particións: msdos
Disk Flags: 
 
Número  Inicio  Fin     Tamaño  Tipo      Sistema de ficheiros  Modificadores
        32,3kB  1049kB  1016kB            Espazo libre
 1      1049kB  513MB   512MB   primary   ext3
 2      513MB   641MB   128MB   primary   linux-swap(v1)
 3      641MB   2041MB  1400MB  primary   ext4
 4      2041MB  32,1GB  30,1GB  extended                        lba
 5      2042MB  32,1GB  30,0GB  logical   xfs                   lba
Con isto xa teriamos a nosa partición creada, mais todavía lle falta o formato:
# fdisk -l                                               
 
Disk /dev/mmcblk0: 29,9 GiB, 32090619904 bytes, 62676992 sectors
Units: sectors of 1 * 512 = 512 bytes
Sector size (logical/physical): 512 bytes / 512 bytes
I/O size (minimum/optimal): 512 bytes / 512 bytes
Disklabel type: dos
Disk identifier: 0xa99d2bd5
 
Device         Boot   Start      End  Sectors  Size Id Type
/dev/mmcblk0p1         2048  1001471   999424  488M 83 Linux
/dev/mmcblk0p2      1001472  1251327   249856  122M 83 Linux
/dev/mmcblk0p3      1251328  3985407  2734080  1,3G 83 Linux
/dev/mmcblk0p4      3985408 62676991 58691584   28G  f W95 Ext'd (LBA)
/dev/mmcblk0p5      3987456 62676991 58689536   28G 83 Linux

Dándolle formato a partición

Agora que temola partición creada vamos a darlle o formato que se merece, xa que se tratamos de montala nos amosará o seguinte mensaxe de erro:
# mount /dev/mmcblk0p5 /mnt                                                                         
mount: /dev/mmcblk0p5 is write-protected, mounting read-only                                                         
mount: wrong fs type, bad option, bad superblock on /dev/mmcblk0p5,                                                  
       missing codepage or helper program, or other error                                                            
 
       In some cases useful info is found in syslog - try
       dmesg | tail or so.

Pra dar format a unha partición nada máis doado que usar mkfs, co seu mkfs.sistema_de_arquivos, no meu caso vou a usar XFS, xa que é o recomendado por Red hat e Fedora.

Mais podedes consultala web do proxecto http://xfs.org/index.php/XFS_FAQ a cal precisamente ten mal o certificado na súa versión https nestos momentos, de tódolos xeitos podedes contrastala info de esa web con man, que pra algo nos baixamos a distro dende a propia Fedora! ;)

Usando mkfs.xfs

Por defecto en Fedora 21 Minimal parece que non veñen as ferramentas de xfs, polo que hai que instalalas para poder formatar unha partición en XFS.

# dnf install xfsprogs

Pra máis info sobre XFS, consultade o man de “mkfs.xfs” que agora xa o teredes instalado.

De todolos modos, a opción -L é a mesma e o resto de parámetros están ben como veñen por defecto.

Pra darlle formato a partición faise así:
# mkfs.xfs /dev/mmcblk0p5 -L <etiqueta_para_la_partición>
Aquí tedes un exemplo da execución do comando:
# mkfs.xfs /dev/mmcblk0p5 -L HOME 
meta-data=/dev/mmcblk0p5         isize=256    agcount=4, agsize=1834048 blks
         =                       sectsz=512   attr=2, projid32bit=1
         =                       crc=0        finobt=0
data     =                       bsize=4096   blocks=7336192, imaxpct=25
         =                       sunit=0      swidth=0 blks
naming   =version 2              bsize=4096   ascii-ci=0 ftype=0
log      =internal log           bsize=4096   blocks=3582, version=2
         =                       sectsz=512   sunit=0 blks, lazy-count=1
realtime =none                   extsz=4096   blocks=0, rtextents=0

Con isto xa teríamos creada a partición correspondente a HOME, agora só falta engadila ao fstab pra que sempre se monte en /home.

Engadindo a nosa partición a /etc/fstab

Primeiro debemos sabelo UUID da partición pra poder engadila de maneira segura ao noso /etc/fstab.

facemos uso de blkid:
# blkid /dev/mmcblk0p5
/dev/mmcblk0p5: LABEL="HOME" UUID="<uuid_de_nuestra_partición>" TYPE="xfs" PARTUUID="<partuuid_de_la_partición>"

Sen dúbida está claro que é a nosa partición e cal é o seu UUID.

Cómo root editamolo /etc/fstab e engadimola seguinte liña:
UUID=<uuid_partición_home>  /home xfs defaults,noatime 0 0

Pra poceder a súa montaxe ( e comprobación de que o formato do /etc/fstab está ben…), seguimolos pasos do meu anterior micropost “Recargalas opcións do fstab”.

Onde básicamente explico o comando que nos fai falla executar:
# mount -a

E con isto xa temos unha partición home, creada, formateada en XFS e montada, ademáis de que se montará con cada reinicio do sistema.