Engadir unha IP fixa a unha interface de rede en Fedora 21
Pra configurares unha IP fixa a unha interface de rede en Fedora 21, deberemos editalo ficheiro correspondente a interface en /etc/sysconfig/network-scripts/.
Neste caso vamos a editar un ficheiro de configuración de eth0, que como non está creado o creamos con:
# sudo vi /etc/sysconfig/network-scripts/ifcfg-eth0
O contido do ficheiro pode selo seguinte:
DEVICE=eth0
IPADDR=<dirección_ip_da_interface>
NETMASK=<máscara_de_rede_pra_a_interface>
NETWORK=<rede_a_que_se_vai_conectala_interface>
BROADCAST=<dirección_de_broadcast_da_rede>
ONBOOT=<yes|no> ( Se queremos que se inicie co sistema, ou que agarde a ser iniciada manualmente )
NAME=Ethernet0 ( Un nombe a amosar pra esta interface )
GATEWAY=<dirección_gateway> ( A dirección do dispositivo ou router, que nos dé saida da rede local, este pódese omitir)
Engadindo servidores DNS
Por último podemonos atopar con que non resolvemolos nomes de dominio cando se trata de usala nosa IP fixa, esto débese a que non está configurado ningún servidor DNS.
Polo que debemos asinarllos engadindo o seguinte ao noso /etc/sysconfig/network-scripts/ifcfg-eth0 :
# ... Resto da configuración da interface
DNS1=213.60.205.174
DNS2=213.60.205.173
Os DNS que puxen son os públicos de R, mais vos podedes poñer tódolos que vos plazcan e incluso os do voso servidor local. ;)
Una vez o teñades creado e gardado, podedes aplicalas mudanzas con:
sudo systemctl restart network.service
Ou según Fedora coa maneira obsoleta:
sudo ifdown -v eth0 && sudo ifup -v eth0
Pra poder realizalo a maneira obsoleta, se usades unha versión minimal de Fedora, deberedes instalar net-tools que inclue as utilidades obsoletas:
sudo dnf info net-tools
Using metadata from Thu May 21 00:43:51 2015 (17:17:25 hours old)
Installed Packages
Name : net-tools
Arch : x86_64
Epoch : 0
Version : 2.0
Release : 0.31.20141124git.fc21
Size : 925 k
Repo : @System
From repo : updates
Summary : Basic networking tools
URL : http://sourceforge.net/projects/net-tools/
License : GPLv2+
Description : The net-tools package contains basic networking tools,
: including ifconfig, netstat, route, and others.
: Most of them are obsolete. For replacement check iproute package.
En fin, ou as cousas melloraron bastante ou os desenroladores están aburridos, en todo caso habra que pegarlle un vistazo a ese novo iproute package.