- Mudalo nome de host en Fedora 21 e GNU/Linux en xeral
- Actualizalo nome de host sen reiniciar
- Editala información do host en /etc/hosts
- Reinicalo servizo de rede
Mudalo nome de host en Fedora 21 e GNU/Linux en xeral
Pra mudar o nome do host en GNU/Linux, hai que modificar ou crear un novo arquivo /etc/hostname que só conterá o nome do host.
/etc/hostname
En determinadas distros como Fedora 21, hai que facer uns cantos axustes máis
Modificalo arquivo /etc/sysconfig/network
Editamolo arquivo /etc/sysconfig/network e engadimos:
HOSTNAME=<nuevo_nombre_de_host>
Actualizalo nome de host sen reiniciar
Para cargar o novo nome de host usamos:
sudo hostname <novo_nome_do_host>
Editala información do host en /etc/hosts
Editámolo arquivo /etc/hosts pra reflexalas mudanzas e que o novo nome que está asociado as nosas direccións locais de loopback tanto en IPv4 e IPv6:
127.0.0.1 <novo_nome_de_host>
::1 <novo_nome_de_host>
Reinicalo servizo de rede
Pra reinicalo servizo de rede en Fedora hai que executar:
sudo systemctl restart network.service