Logo KDE.

Instalar Plasma 5 en Archlinux

Se seguistes o post anterior Instalando Archlinux en particións cifradas teredes un Archlinux instalado sobre particións cifradas pelado.

O que explico neste post a continuación que sería instalar un entorno de escritorio, neste caso Plasma 5 de KDE.

Aquí vos deixo un link comparativo no que ver que escritorio vos pode insteresar máis:

Arch wiki artigo Desktop_environment_(Español)#Comparación_de_entornos_de_escritorio

Preparativos

Logo de Archlinux

Cómo acabamos de instalar Archlinux non temos nen creado un usuario, polo que creamos un xa que non é recomendable traballar coma root.

# useradd -d /home/usuario -m

Coñecendo pacman

Pacman é o xestor de paquetes de Archlinux, dista un pouco de apt, dnf e yum.

Instalando paquetes

Para instalar un paquete se emprega:
# pacman -S <nome_paquete>

As veces podes ter un paquete en diferentes repositorios, extra ou testing.

Para instalar unha versión en concrento úsase:
# pacman -S <repositorio>/<nome_paquete>
Exemplo:
# pacman -S testing/firefox

Pra instalar un grupo de paquetes como poden selos dun escritorio plasma.

Podemos ver que paquetes contén con:
# pacman -Sg plasma

Desinstalado paquetes

Se o que queres é desinstalar só un paquete deixando as súas dependencias instaladas:
# pacman -R <nome_paquete>
Para desinstalalo paquete xunto coas súas dependencias ( máis recomendable ):
# pacman -Rs <nome_paquete>
Para eliminar un paquete, as súas dependencias e tódolos paquetes que dependen do paquete ( algo perigoso ) usamos:
# pacman -Rsc <nome_paquete>
Para eliminares un paquete, que é requerido por outro paquete, sen eliminalo paquete dependente:
# pacman -Rdd <nome_paquete>
Para previres que pacman cree un arquivo backup (.pacsave ) por cada arquivo de configuración importante do paquete a eliminar, hai que usar -n:
# pacman -Rn <nome_paquete>

Actualizando paquetes

Para actualizar tódolos paquetes do sistema:
# pacman -Syu

Procurar un paquete

# pacman -Ss <nome_paquete>

Configuración da rede

No caso de ter problemas coa conexión podemos consultar a wiki de arch: Network_configuration#Check_the_connection

Para activar unha interface de rede:
# ip link set <interface>
Para velo resultado:
# ip link show dev <interface>

Obtela ip por dhcp

Pra máis info wiki arch: Systemd-networkd#Basic_DHCP_network

Editase un ficheiro en /etc/systemd/network/.network co contido:
[Match]
Name=en*

[Network]
DHCP=ipv4
Logo se habilita o servizo systemd-networkd.service:
# systemctl enable systemd-networkd.service
Iniciámolo servizo:
# systemctl start systemd-networkd.service
Con “ip a” podremos vela configuración da interface:
# ip a
Se queres obtrela configuración dos DNS a través do DHCP, hai que activar systemd-resolved.service:
# systemctl enable systemd-resolved.service
# systemctl start systemd-resolved.service
Logo hai que crear un enlace brando ao arquivo que o DNS xera:
# ln -sf /run/systemd/resolve/resolv.conf /etc/resolv.conf

Instalando Xorg

Pra usar KDE Plasma desktop, previamente hai que ter instalado e funcionando Xorg.

+info: Arch wiki Xorg#Installation

Primeiro hai que saber que gráfica temos no sistema e se este nola recoñece con:
# lspci | grep -e VGA -e 3D
Agora hai que procurar o driver con:
$ pacman -Ss <paquete>
Estando en VirtualBox instalariamos:
# pacman -S xorg

Instalando KDE Plasma 5

Para instalar Plasma desktop:
# pacman -S plasma-desktop 
Instalar o xestor de inicio:
# pacman -S sddm sddm-kcm
Para configurar o tecrado por defecto:
# localectl set-x11-keymap <idioma>
Exemplo:
# localectl set-x11-keymap es

Documentación SDDM na Wiki de Arch.

Para activar por defecto sddm o habilitamos en systemctl:
# systemctl enable sddm
Para instalalas traduccións:
# pacman -S kde-l10n-<idioma>

Instalando programas útiles

Algunhas das aplicacións máis útiles pra min, non están dispoñibles por defecto.

Para instalalas:
# pacman -S konsole kdebase-dolphin firefox-i18n-gl