- Montar un RAID 0 por software
- Implementar RAID 0
- Dar formato ao RAID
- Face probas de escritura e lectura
Montar un RAID 0 por software
Un raid consiste en usar varios volumes como se foran 1, estos poden ser físicos ou lóxicos, sexan discos duros ou particións, para máis información podedes consultala wikipedia.
Amosarei só os Raids 0 e o 1, que son os máis “accesibles”.
| Tipo Raid: | Uso: | Riscos: |
|---|---|---|
| 0 | Úsase o espazo de tódolos discos implicados aumentando a capacidade do volumen virtual e a súa velocidade de escritura | Perder un disco ou un fallo nun disco pode estropear o volume enteiro. |
| 1 | A información se escribe exactamente igual en cada un dos discos implicados, isto fai que sempre haxa unha copia de seguridade pois cada disco do raid ten a mesma información. | Sendo a velocidade do disco máis lento o que determina a velocidade do raid, ofrece a ventaxe de que os datos son recuperables no caso de faio dun dos discos, poidendose reparar o raid cos datos replicados no outro disco. |
O Raid 5 ofrece a rapided e capacidade do Raid 0 mais ao adicar o 25% do espazo a backup ofrece a seguridade do Raid 1 en canto a tolerancia a faios de escritura.
Implementar RAID 0
Para este experimento vou usar o meu vello PC con 2 discos duros IDE de 250 GiB e 60 GiB, a idea é “reaprobeitalos” e tratar de usar tódolos 310 GiB nun só volume, tratando de facer un RAID 0 por software, xa que o meu hardware antiguo non me permite facelo por praca.
Na wiki de arch témola información detallada sobre cómo logralo: https://wiki.archlinux.org/index.php/RAID
Preparalas particións para unilas no raid 0
Creámolas novas táboas de particións en cada disco e as deixamos cunha partición que ocupe todo o disco.
Para elo usamos en cada disco fdisk da seguinte maneira:
# fdisk /dev/sda
o
n
p
1
<primer sector>
<último sector>
t
da ( seleccionámolo tipo "non-fs data" ) / fd ( seleccionámolo tipo "Linux raid auto" )
w
Por cada disco facemolo mesmo proceso.
Unilas particións con mdadm nun Raid 0
# mdadm --create <novo_nome_para_o_dispositivo_raid_pode_ser"dm0"> --verbose --level=<nivel_de_raid,Ponemos 0> --metadata=<tipo_de_metadata_recomendable:1.2> --chunk=<kb_sector_pongo_64> --raid-devices=<número_de_dispositivos_do_raid> /dev/<partición_dispositivo1> /dev/<partición_dispositivo2>
Preguntaranos se queremos realizalo array, respondemos “y” e xa estaría.
Dar formato ao RAID
Agora o noso raid estaría en /dev/md137 ou outro número.
Vamos a formatealo coma se fora outro dispositivo:
# mkfs.xfs -L "Nome_pro_RAID" /dev/md137
Face probas de escritura e lectura
Probala velocidade de escritura nel:
#mount /dev/md137 /mnt
#cd /mnt
# dd if=/dev/zero of=/mnt/BORRAME bs=1M count=10000
No caso do meu RAID 0 con dóus HDD IDE antigos ( ano 2004/05 aproximadamente ), dame unha media de 70 MiB/s de escritura, máis ou menos 15 segundos para escribir 1 GiB.
En cambio se o probo o dd nun disco SATA2 do 2012, ten unha velocidade media de escritura duns 120 MiB/s e tarda como 8 segundos en copiar 1 GiB de ceros.
Probala velocidade de lectura
# hdparm -Tt /dev/md127
/dev/md127:
Timing cached reads: 712 MB in 2.00 seconds = 355.71 MB/seconds
Timing buffered disk reads: 168 MB in 3.01 seconds = 55.87 MB/sec
Con isto xa teríamos un RAID 0 que sumaría a capacidade dos nosos discos duros IDE vellos, quenes gañan algo máis en velocidade de lectura/escritura.