Cómo converter Dokuwiki en un blog
Unha vez instalado dokuwiki o podemos converter nun blog coa extensión BlogTNG.
Buscar o plugin para levalo a cabo
Se a url do noso blog é “http://localhost/doku.php” teriamos que ir a esta url para acceder a sección dos plugins: http://localhost/doku.php?id=start&do=admin&page=extension&tab=search
Se procuramos por “blog” veremos varios plugins para convertelo en blog, entre eles “blogTNG plugin” este ten unha versión máis recente que data de “2015-05-16” mais podemos ver como pon !discontinued e se prememos en “docs” veremos máis información do plugin.
O que importa é que pon que é compatible coa versión actual do noso dokuwiki, a “2015-08-10 Detritus”.
A pesar das advertencias de que está descontinuado, fai tempo que o levo empregando no meu blog en dokuwiki.
Instalar blogTNG
Dámoslle a “install” no botón do plugin “blogTNG”.
Para máis info sobre bloggin con dokuwiki aquí tes unha url oficial: https://www.dokuwiki.org/tips:blogging
É curioso ver cómo rexeitan a idea de que o seu dokuwiki facilite o blogin, cando é o sistema máis cómodo e potente que me poiden atopar para blogear sen facer uso de bases de datos, permitindo levar os teus artigos en arquivos .txt sinxelos.
Instalación manual de blogTNG
No caso de que falle a instalación cómoda dende o xestor de extensións, a podemos descargar de aquí: https://www.dokuwiki.org/plugin:blogtng
A podemos instalar manualmente en:
/doku.php?id=start&do=admin&page=extension&tab=install
Seleccionamos o arquivo e prememos en “install”.
Instalación plugin sqlite e pdo sqlite para php
Logo veremos que nos pide instalar “sqlite plugin” xa que blogTNG require de bases de datos aloxadas en arquivos, vamos sqlite de toda a vida.
Esta vez metémola url do plugin sqlite, que atopamos na web de plugins, para instalalo.
Instalando PDO sqlite para php
Se o servidor é “novo” de recente instalación (ou php nel ) veremos que todavía nos segue informando de que falta soporte de sqlite por parte de php, para solucionalo hai que instalar o paquete “php-sqlite” ( en arch ) e logo reincialo servizo httpd de apache.
Instalación da extensión do sqlite e reinicio do servizo en Archlinux:
sudo pacman -S php-sqlite && sudo systemctl restart httpd
Probablemente sega saindo esta advertencia:
"SQLite & PDO SQLite support missing in this PHP install - plugin will not work"
Polo que teremos que descomentala liña seguinte no arquivo /etc/php/php.ini:
;...
extension=pdo_sqlite.so
;...
Reiniciamolo servizo do httpd outra vez, e xa estaría solucionado o problema co plugin sqlite e debería funcionar sen problemas.
Instalar un tema para dokuwiki que lle de un aspecto de blog
Agora a wiki xa pode funcionar coma un blog, co engadido de usar a linguaxe wiki e non ser dependente de bases de datos externas volvéndose moi portable a instalación do blog.
Un dos temas que podemos instalar é “mnml-blog”, o cal fornece un blog claro, sinxelo e ben estructurado: https://www.dokuwiki.org/template:mnml-blog?s[]=blog
Con isto xa terías un blog dokuwiki, agardemos que siga o soporte un bo tempo máis, ou deberemos crear nós o noso blog.