XED Parte 1 ( Análese )
Unha explicación de exemplo sobre cómo facer un análese dun proxecto persoal que de momento chámolle “XED: Xestión de Economía Doméstica”.
Aquí expondrei os análises que han ido dando forma e recollendo os requisitos da aplicación.
Introducción
En primer lugar, un análise preliminar que como bo borrador que é, está estructurado e só serve pra recollelos conceptos base que dan inicio a idea de que é a aplicación, que se espera dela, e que na miña opinión debe ser algo breve, conciso e incluso algo informal pra evitala rixided de ideas, que interfire no proceso creativo.
Análise preliminar:
A aplicación debe permitir introducir productos mercados en comercios locais dunha maneira sinxela.
Esta aplicación serve pra atopar os productos máis baratos ou localizalos no barrio e xerar listas de compra, que se organicen en función da proximidade dos comercios.
Precísase rexistrar:
- As compras que fixen.
- O establecemento onde os merquei.
- Canto custa cada artigo.
- Canto me gastei.
Os tiquets han de poder rexistrarse rápido, pra elo precisamos crear primeiro os obxetos dunha compra como son “comercio”, “producto”.
Un producto ten un precio en relación ao comercio onde se merca.
Os comercios constan dos seguintes atributos:
- Nome.
- Tipo ( opcional ).
- Descripción ( opcional ).
- Posición GPS ( opcional ).
- Dirección ( opcional ).
- Hora de apertura mañán ( opcional ).
- Hora de peche mañán ( opcional ).
- Hora de apertura tarde ( opcional ).
- Hora de peche tarde ( opcional ).
- Días da semán aberto ( opcional ).
Os productos constan dos seguintes atributos:
- Nome.
- Descripción ( opcional ).
- Tipo ( opcional ).
- Unidades ( opcional ).
Pra relacionalos comercios cos productos se usará a seguinte taboa:
- id
- id_producto
- id_comercio
- precio
Máis ou menos queda ese “borrador” coa declaración de ideas.
Análise funcional
E aquí un análise máis “completo” que inclue partes de funcional, o cal pode ser unha boa guía orientativa pra non perdernos a hora de picalo código:
-------------------------------------------------
ANÁLISE
-------------------------------------------------
Date: 20151204
Author: Delio Docampo Cordeiro
-------------------------------------------------
1.- RESUMO:
1.1.- ¿Para qué serve?
Ver os prezos dos artigos, e poder saber onde están
máis baratos.
1.2.- ¿Qué necesita para funcionar?
- Un programa cliente-servidor.
- Un arquivo onde almacenalos datos.
1.3.- ¿Qué formatos se usará para codificar a información?
- Programa: Java
- Arquivo: jsonp
2.- FUNCIONAMENTO BASE
Se amosa o nome do programa, e unha frase positiva que fomente o uso da aplicación:
XED: Xestión de Economía Doméstica.
¿En qué lle podemos axudar hoxe?
Amoxamos as seguintes opcións do programa:
0.- Cerrar aplicación.
1.- Realizar consulta.
2.- Modificar datos.
En caso de seleccionar 0, se sae do programa.
En caso de non seleccionar unha opción correcta, se volve a mostrar o título e o menú.
En caso de seleccionar unha opción, se entra no correspondente menú.
2.1.- REALIZAR UNHA CONSULTA.
Se amosa un menú coa opción de consultar ou buscar:
- COMERCIOS
- PRODUCTOS
2.2.- Modificar datos.
Se amosa un menú coas opcións de:
- Insertar
- editar
- eliminar
Datos da BD.
2.- MODIFICAR DATOS
2.1.- INSERTAR PRODUCTO E COMERCIO.
2.1.1.- INSERTAR COMERCIO.
Rexistramos un comercio na aplicación, ingresando os seguintes campos:
- Id (automático)
- Nome
- tipo ( opcional )
- Descripción ( opcional )
- Posición GPS ( opcional )
- Dirección ( opcional )
- hora de apertura mañán ( opcional )
- hora de peche mañán ( opcional )
- hora de apertura tarde ( opcional )
- hora de peche tarde ( opcional )
- dias a semán aberto ( opcional )
2.1.1.2.- INSERTAR COMERCIO, CÓMO FACELO.
Primeiro se ten crear a clase comercio,
nesta clase se definen os atributos de antes,
unha vez creado o obxeto, o ID se obtén do
último ID de COMERCIO do Jsonp e súmaselle 1.
Se busca no arquivo se hai un obxeto definido
cos mesmos valores en tódolos atributos a excepción
do Id.
Se existe: en caso de que xa o haxa, se informa
o usuario de que xa existe.
Se non existe: Se obtén o último ID, e se asigna
ao obxeto o ese ID+1 , e se rexistran o resto de
campos no jsonp.
2.1.2.- INSERTAR PRODUCTO.
Rexistramos un producto, ingresando os seguintes campos:
- Id ( automático )
- Nome
- Descripción (opcional)
- tipo ( opcional )
- unidades ( opcional )
2.1.2.1.- INSERTAR PRODUCTO, CÓMO FACELO.
Primero tense que crear a clase PRODUCTO,
nesta clase se definen os atributos de antes,
ID se fai "automáticamente" consultando o
último ID do jsonp e sumándolle 1.
Se busca no arquivo jsonp se hai un obxeto
producto cuxos atributos coincidan exáctamente
cos do novo obxeto a excepción do ID.
Se existe: Se informa o usuario de que existe,
se mostra os datos do obxeto existente ( incluido
o ID ) e se lle informa de que non será gardado.
Se non existe: Se obtén o último ID dos PRODUCTOS,
e se asigna ao obxeto ese ID+1, e tamén se rexistran
o resto de campos Jsonp.
2.2.- CONSULTAR PRODUCTO E COMERCIO.
2.2.1.- CONSULTAR COMERCIO.
Se trata de atopar o comercio cuxos atributos coincidan cunha
cadea dada polo usuario.
O usuario introduce unha cadea de texto, e esta é comparada cos
atributos de comercio seguintes:
- Nome.
- Tipo.
- Descripción.
- Dirección.
Se non se atopan coincidencias:
- Se non introduce nada, ou caracteres extranos, se sae da búsqueda.
- Se introduce texto, e non se atopa nada, se informa de que non se
atopou e se volve a lanzar a opción da búsqueda.
- Se non inserta ningún valor, se sae da búsqueda.
Se se atopan coincidencias:
Unha vez se atopen coincidencias, se amosa o usuario unha lista
ordeada por ID, na que saen listados os comercios dos cales se
amosa:
- Número posición na lista de opcións.
- Nome.
- Tipo.
- Descripción.
- Dirección.
E como primeira opción, se amosa "0.- Exit", opción que fará que
se saia da búsqueda de COMERCIO.
O usuario debe seleccionar o número de posición na lista amosada
para seleccionar un comercio.
Se non selecciona un existente:
- Se informa de que a selección é incorrecta e que pra sair
debe seleccionar a opción 0.
- Se volve a amosar á lista de selección de comercios.
Se selecciona un comercio existente:
- Se amosa un resumen informativo cos valores dos atributos do comercio
por pantalla:
- Id.
- Nome.
- Tipo.
- Descripción.
- Dirección.
- Se busca o seu atributo ID, na lista de relación entre COMERCIOS
e PRODUCTOS.
- Se listan tódolos productos, que estén relacionados co comercio, nunha
lista resumen, que amoxe os seguintes atributos dos PRODUCTOS:
- id.
- nome.
- tipo.
Exemplo:
______________________________________________________________________________________
Buscar un comercio, escriba o texto a buscar ou dexie en branco pra sair:
Froid
Se atoparon os seguintes resultados:
0.- Sair
1.- Froid , Supermercado, "Froid do barrio da miña casa", "Rúa Almanzor, 32, Vigo, Pontevedra, Galiza."
2.- Froid , Supermercado, "Froid grande", "Santiago de compostela"
Elixa o número de comercio a consultar, ou 0 pra sair da consulta:
1
O comercio "Froid" elexido, ten asociados os seguintes productos:
0.- Sair
1.- Id: 137, Nome: Salsa tomate frito, Tipo: Comida
2.- Id: 138, Nome: Bastoncillos oidos, Tipo: Hixiene
3.- Id: 256, Nome: Tomate, Tipo: Comida
4.- Id: 321, Nome: Patatillas xamón xamón, Tipo: Aperitivo
5.- Id: 21, Nome: Hamburgesas de soia, Tipo: Comida
Seleccione o número do producto a consultar, ou 0 pra sair da consulta:
2
---------
Supermercado: Froid
Nome: Bastoncillos oidos
Prezo: 1.75 €
Tipo: Hixiene
Descripción: Bastoncillos pra limpar os oidos.
Unidades: 200
Localización:
GPS: 5.32222 , -3.928282
Dirección: Rúa Almanzor, 32, Vigo, Pontevedra, Galiza
Horario:
Días da semán aberto:
Luns a Sábado.
09:00 - 14:00 14:00 - 21:00
---------
______________________________________________________________________________________