Mudalo porto SSH en Fedora 23 e cómo manexalo seu firewall
Unha boa práctica con SSH é mudalo porto por defecto “22” a un da túa elección superior ao 1024 pra evitar ataques automáticos que se envían a ese porto.
En Fedora 23 a hora de mudalo porto SSH hai que ter en conta 3 cousas:
- Mudala configuración do demo sshd pra asignarlle o porto.
- A configuración do firewall pra aceptar conexións no novo porto.
- Se temos SELinux configurala política de uso do porto.
Mudando o porto na configuración de SSH
Editamos /etc/ssh/sshd_config
Descomentamos “Port” e lle asinamos outro número, tamén podemos poñer varios portos:
Port <novo_número_porto>
O de poñer varios portos é bo pras probas, deixamos o 22 e o novo, así nos aseguramos de que funciona o novo sen perderla posibilidade de voltar conectar ao 22, se algo non sae ben (por exemplo se bloquee a conexión por parte dun firewall externo).
Egadímolo cambio a SELinux:
# semanage port -a -t ssh_port_t -p tcp <novo_número_porto>
Firewall
O firewall en Fedora se xestiona con firewall-cmd, escrito en python.
Listalas zonas activas
Pra velas zonas activas:
# firewall-cmd --list-all
Nos devolvería algo así:
FedoraServer (default, active)
interfaces: <interface>
sources:
services: <nome_servizo1> <nome_servizo2> <nome_servizo_etc...>
ports:
protocols:
masquerade:
forward-ports:
icmp-blocks:
rich rules:
Pra vela zona por defecto:
# firewall-cmd --get-default-zone
FedoraServer
Por defecto na versión ARM de Fedora Server, úsase este firewall, nas outras versións igual non.
Engadindo o novo porto as normas do firewall
Engadímolo porto do tipo tcp a zona do firewall:
# firewall-cmd --permanent --zone=<nome_zona> --add-port=<novo_número_porto>/tcp
Se queres probalo temporalmente omite o “-permanent” mais se está temporal a mudanza non se verá reflexada na consulta das súas regras.
Consultando se o porto está aberto no firewall
Pra consultar se hemos aberto o porto no firewall por defecto:
# firewall-cmd --query-port=<número_porto>/tcp
Se o porto está aberto porá “yes”, e isto é todo, o mesmo se aplicaría pra outros portos como o 80 do servidor http de Apache.