Cómo configurar contorna pra compilar e executar Java dende a terminal en Archlinux

Logo Java

Breve explicación sobre cómo instalar os paquetes necesarios pra poder desenrolar e executar aplicacións feitas en Java con openjdk.

Instalación en Archlinux

Esta vai ser unha instalación sinxela utilizando o java dispoñible nos repositorios oficiáis de Archlinux.

Instalalos seguintes paquetes:
# pacman -S java-environment-common java-runtime-common jdk8-openjdk jre8-openjdk-headless

Con isto conseguimos que no terminal funcionen os comandos “java” e “javac”.

Nunha instalación de java hai moitas cousas a ter en conta, se utilizar a versión privativa de oracle ou a de código libre openjdk, se configurar variables do entorno de traballo do usuario que o vaia a executar, se enlazar a última instalación a un nome xenérico que non faga referencia ao número de versión, como sempre dependará do eficientes e do tempo que dispoñamos.

Exemplo de compilación e execución

Facemos un arquivo chamado OlaMundo.java

O Código fonte en java ha de ir coa extensión .java.

Cando este é compilado o resultado é un arquivo co mesmo nome pero rematado en .class.

OlaMundo.java:
public class OlaMundo{
  public static void main(String[] args){
    System.out.println("Ola mundo!");
  }
}

Compilación

Compilar é pasar código lexible para os humáns a un código binario entendible pola máquina, no caso de java sería para a súa máquina virtual coa que executa os programas java.

Exemplo de compilación

E agora o compilamos co famoso javac na terminal:
$ javac OlaMundo

Dándolle a tabular xa ves cómo o autocompletor da terminal che indica o nome de arquivo sen o .java, por iso o pusen así no exemplo.

Execución

A execución é cando un programa se carga en memoria e as súas instruccións van sendo interpretadas pola CPU, en java o que fai é executalas dentro da cpu virtual da súa máquina virtual.

Exemplo de execución

Cando se chama aos binarios de java .class non hai que indicarlle a extensión xa o propio java busca que o binario mencionado teña o seu nome de arquivo equivalente e coa extensión .class.

Agora terás compilado o código fonte no arquivo “OlaMundo.class” , non tes máis que executalo da seguinte maneira:
$ java OlaMundo

Outra vez o mesmo, xa o autocompletor che colle o OlaMundo.class.

Así se vería a execución do mesmo na terminal:
$ java PROG01_programa1
Ola mundo!

E listo, con isto xa podes programar java co vi e volverte tolo por non usar un IDE xD