Git crear un novo repositorio nun server remoto

Logo GIT.

Verémola creación dun repositorio valeiro nun server remoto para usalo coma espello do noso repositorio local.


Servidor remoto

Por servidor remoto se entende calquer máquina que non sexa o noso local, por exemplo unha banana-pi e o resto de froitas-pi, un vps, unha máquina virtual, etc…

A este servidor remoto accederemos co noso usuario ssh, polo que os directorios e arquivos creados os deberemos facer con dito usuario ou configurar os permisos para que dito usuario poida acceder.

Creación do directorio do repositorio bare

Temos que crear un repositio bare “pelado”, vamos o que sería a estructura sen os arquivos.

Primeiro facemos o directorio que aloxará todo:
mkdir -vp /a/ruta/ao/teu/directorio/de/repos/git/meu_proxecto.git

Quedando nel un directorio chamado “meu_proxecto.git” neste caso, sempre convén que remate en “.git”.

Entramos nel:
cd /a/ruta/ao/teu/directorio/de/repos/git/meu_proxecto.git

O directorio está totalmente valeiro.

Creación dun repositorio bare

Agora que estamos situados no directorio que vai conter o noso repositorio.

Creamos o repositorio valeiro “bare”:
git init --bare

Contido por defecto dun repositorio bare

Por se tes curiosidade sobre a diferencia entre un repositorio bare e un “normal” se pode ver que os ficheiros do aplicativo non son “directamente” accesibles, existen pero están da man de git.

Se listámolo directorio “meu_proxecto.git” verémolos arquivos que conforman a estructura do repositorio:
$ ls -A 
HEAD  branches  config  description  hooks  info  objects  refs

Logo nos aseguramos de que se teña permisos de lectura, escritura, e no caso dos directorios de execución, por parte do usuario ssh que vaia a subir aquí os seus aportes ( o da túa máquina local ).


Máquina local ou cliente do repo

Esto pode ser o teu PC, outro servidor no que traballes, etc… Aquela máquina dende a que lle vaias facer commits ao novo repo.

Dou por feito que xa tes acceso co teu usuario ao servidor remoto, se tes login por claves cruzadas aforrarás moito tempo en escribir o contrasinal por cada commit ou consulta ao repo remoto, ademáis de incrementar a seguridade.

Engadir a url remota ssh ao proxecto

Estructura dunha url remota ssh

A url remota sería algo así:
ssh://<usuario>@<host>:<porto>/a/ruta/ao/teu/directorio/de/repos/git/meu_proxecto.git

Onde logo do porto, poñemos a ruta absoluta ata o directorio .git que fixemos no server remoto.

Engadir a url remota ao repositorio de traballo

Engadimos a url ao noso proxecto actual:
git remote add <nome_do_repo_remoto> <url>
git remote add origin ssh://<usuario>@<host>:22/a/ruta/ao/teu/directorio/de/repos/git/nome_do_noso_proxecto.git

Subir o contido do noso repo local ao remoto

Pois agora toca facer un push para subilas mudanzas que fixemos no repositorio.

Facemos push:
git push <nome_do_repo_remoto> master

E listo, agora xa teriamos unha copia de seguridade remota, no servidor remoto, que ademáis outros podrán clonar se teñen o permiso de acceso ao mesmo e colaborar contigo.